QUE É A BIBLIOTECA VIRTUAL



 
 
 
 

A biblioteca virtual é uha idea encetada xa hai algúns meses pola cual pretendemos poer na rede materiais literarios escritos en diversas linguas minoritarias.

No caso do galego eonaviego, os textos xa levan algún tempo editados con abondo éxito de público. Se queres saber alguhas cousas máis relativas ao galego de Asturias, visita a páxina do Colectivo Cotarelo Valledor. Nela atoparás informaciois relativas aos escritoes e tamén á propria lingua.

Doutra banda, quizais teñas dúbidas sobre a escrita do galego eonaviego e do sou subestándar. Podes ler un documento de introdución aquí (e así poderás comprender doadamente porque no galego eonaviego tanto ten escribir con artigo "o" ou "el")

Os textos que temos disponíbeles até agora son estos:
 
 

El Principín. El obra máis interesante -é uha opinión subxectiva- deste século XX da mao de Antoine de Saint-Exupéry.

O pelegrín valente. De Antón García, autor asturiano e en asturiano, traducido para o galego eonaviego.

Como seres humanos. De Pablo Antón Marín Estrada, que se publicou no número 1 de O Espello na súa edición en papel.

A odisea de Pere Xil. Un conto fantástico de corte tradicional de Xavier Frías, onde un labrego e un trasno hanse pelexar por un fouzo máxico.

El leite mouro. De Crisanto Veiguela, autor de A Veiga e membro fundador do Cotarelo Valledor, subdirector da revista O Espello

Cultivo de humanos en Arret, de Xosé Máximo Fernández, un veterano narrador de Campos (Tápia), autor de vários relatos curtos, director de A Freita, e estudioso de antigos cartafois e documentos sobre a história do sou concello.

Lar de lúa. Poemas breves e intensos de Xavier Frias Conde

Lentamente, uns poemas de Viqui Veiguela, parte dos que vai publicar na antoloxia de poetas en lingua galega en Madrid intitulada Bilbao.

Contos á tardiquia. Estos contos serán publicados en breve en papel, mais polo de agora talvez vos pete ler algo para cativos escritos por uha avola del Valledor, nacida no 1925, autora tamén dun obra poética interesante: Adela Conde Valledor.

Contos para nenos bôs, ruíos e de oitenta anos, de Quique de Roxíos. Quen dixo que a literatura infantil non ten un fondo máis profundo do que a maioría da xente pensa? Lede e veredes.
 


Non fai falta amecer que si teis algún traballo e nolo queres mandar, estaremos encantados de cho ler. Animaste?

En tal caso, escríbenos:



Ten paciencia. Polo de agora imos aumentando no número de obras disponíbeles